Ferramentas
TwitterRssFacebook
Menú

Seminario permanente de Dereito Administrativo

O ano 2010 o Grupo de Investigación constituíu o Seminario Permanente de Dereito Administrativo que ten como obxectivo contar coa presenza de profesores e investigadores que estean a traballar en temas de investigación do Grupo, coa finalidade de intercambiaren coñecementos e reforzaren liñas de colaboración con outros profesorado e persoal investigador. Así mesmo, tamén pretende establecer unha vía de comunicación e debate entre os profesores e investigadores universitarios e os profesionais do mundo xurídico.

O Seminario desenvólvese ao longo do ano en sesións monográficas que teñen lugar periodicamente de acordo coas necesidades e intereses do Grupo. En cada sesión hai un tempo destinado á intervención do relator ou relatores convidados e un tempo amplo de debate coas persoas participantes. Alén disto, está prevista a posibilidade de presentar comunicacións por parte dos membros do Seminario.

O acceso ao Seminario está restrinxido a profesorado e persoal investigador universitario de dereito administrativo, profesionais do dereito e alumnado de posgrao e doutoramento da Universidade da Coruña. As persoas que desexen ser membros do Seminario e asistir ás súas sesións deberán remitir un correo electrónico ao coordinador da actividade, o profesor José Pernas García (jpernasg@udc.es).

Sesións do Seminario realizadas ata este momento:

1. “Os condicionantes ambientais das enerxías renovables: o exemplo da enerxía eólica e a súa regulación no dereito español” (25 de xuño de 2010). Manuela Moura Ruiz, profesora titular de Dereito Administrativo da Universidade de Huelva.

2. ““O novo réxime xurídico dos contratos públicos en Portugal” (25 de xaneiro de 2010). Claudia Viana, profesora de Dereito Administrativo da Universidade de Minho, Portugal.

3. Mercado interior, liberdades económicas e medio ambiente (26 de novembro de 2010). Nicolas De Sadeleer , profesor da Universidade de Saint-Louis de Bruxelas.

4. “Contratación pública e crise económica” (27 de xaneiro de 2010). José María Gimeno Feliu, catedrático de Dereito Administrativo da Universidade de Zaragoza.

5. O novo Plan de Ordenación do Litoral de Galicia (5 de maio de 2012). Representante da Xunta de Galicia.

6. “Inexecución de sentenzas contencioso-administrativas en materia de urbanismo” (12 de abril de 2011). José Ramón Chaves García, maxistrado da sala 1.ª do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

7. “Consideracións ambientais e urbanísticas sobre ou réxime xurídico dos solos contaminados” (12 de maio de 2011). Aitana Da Varga, profesora de Dereito Administrativo da Universidade Rovira i Virgili.

8. “Contratación pública internacional” (17 de outubro de 2011). José Antonio Moreno Molina, catedrático de Dereito Administrativo da Universidade de Castela-A Mancha.

9. “Colaboración público-privada” (24 de febreiro de 2012). Julio González García, catedrático de Dereito Administrativo Universidade Complutense de Madrid.

10. “Estado laico” (17 de abril de 2012). Germán Cisneros, profesor de Dereito Administrativo da Universidade de Nuevo León, México.

11. “O papel do TXUE en materia de medio ambiente” (21 de xaneiro de 2013). Kurt Riechenberg, letrado do Tribunal Superior de Xustiza da Unión Europea.

12. “Responsabilidade patrimonial da Administración” (21 de xaneiro de 2013). Óscar Cuadros, profesor de Dereito Administrativo da Universidade Nacional de Cuyo, Arxentina.

13. “Cuestións actuais do dereito administrativo” (4 de marzo de 2013). José Antonio Moreno Molina, catedrático de Dereito Administrativo, Universidade de Castela-A Mancha; Íñigo Del Guayo, catedrático de Dereito Administrativo, Universidade de Almería; María Jesús Gallardo, catedrática de Dereito Administrativo, Universidade de Xaén.

14. “Mercado interior, libre competencia e medio ambiente” (11 de abril de 2013). Carlos Laguna de Paz, catedrático de Dereito Administrativo da Universidade de Valladolid.

Para obter información sobre a próxima sesión, prema aquí.