Ferramentas
TwitterRssFacebook
Menú

Seminario de Contratación Pública

O obxectivo de dita iniciativa, que escomeza no curso 2014-2015, é contar coa presenza de profesores e investigadores que estén traballando no eido do Dereito da contratación pública, coa finalidade de intercambiar coñecementos e reforzar liñas de colaboración con outros profesores e grupos de investigación. Asemade, tamén pretende establecer unha vía de comunicación e debate entre os profesores e investigadores universitarios, profesionais do mundo xurídico, e o persoal de órganos de contratación da Administración pública.

O Seminario desenvólvese ao longo do curso académico en sesións monográficas que se celebran periódicamente. En cada sesión hai un tempo adicado á intervención do ponente ou ponentes invitados e un tempo amplio de debate cos participantes. Ademáis, prevese a posibilidade de presentar comunicacións por parte dos membros do Seminario.

O acceso ao Seminario está restrinxido a profesores e investigadores universitarios de Dereito Administrativo, profesionais do Dereito, persoal das administracións públicas e alumnos de postgrado y doutorado da Universidade da Coruña. As personas que desexen ser membros do Seminario e asistir ás súas sesións deberán remitir un correo electrónico aos coordinadores: José Pernas García (jose.pernas@udc.es), Carlos Amoedo Souto (casou@udc.es), María del Carmen Rodríguez Martín-Retortillo  (maria.rodriguez.martin-retortillo@udc.es); ou á secretaría académica: Jorge López-Veiga Brea (jorge.lopez-veiga@udc.es).

Sesións do Seminario celebradas até o de agora:

1. “Compra pública innovadora: réxime xurídico e primeiras experiencias en España” (31 de outubro de 2014). Miguel Ángel Bernal Blay, Profesor de Dereito Administrativo da Universidad de Zaragoza.

2. “Corrupción e contratación pública” (26 de novembro de 2014). Teresa Medina Arnáiz, Profesora de Dereito Administrativo da Universidad de Burgos.

3. “Cooperación administrativa e encomendas a medios propios” (12 de dicembro de 2014). Marc Vilalta Reixach, Profesor de Dereito Administrativo da Universitat Oberta de Catalunya.

4. “Xornada sobre o impacto das novas Directivas de contratos da UE na regulación das modificacións de contratos do sector público” (2 de maio de 2016). Luis Jaime Rodríguez Fernández, Xefe do Servizo de Patrimonio e Contratación da Deputación de A Coruña. // Xavier Codina García-Andrade, Colaborador Honorífico no Departamento de Dereito Administrativo da Universidad Complutense de Madrid, Avogado do Departamento de Dereito público de Uría Menéndez. // Isabel Fonseca, Profesora da Escola de Direito da Universidade do Minho (EDUM), Membro do Grupo de expertos en materia de revisión da regulación de contratación pública en Portugal. // Javier Vázquez Matilla, Membro do Grupo de expertos en materia de contratación pública da Comisión Europea, Vogal do Tribunal Administrativo de Contratos Públicos de Navarra, Letrado do Concello de Pamplona. // José María Gimeno Feliú, Catedrático de Dereito Administrativo da Facultade de Dereito da Universidad de Zaragoza, Presidente do Tribunal Administrativo de Contratos Públicos de Aragón.

PATROCINA:

Proxecto de Investigación “Buena Administración y nuevos retos de la contratación pública: Una perspectiva internacional y comparada” (DER2013-42210).

MEC.Gob.Web

COLABORA:

Proxecto de Investigación: “Contratación pública y transparencia: alcance y límites de los principios de publicidad y libre competencia”. Ref.: DER2012-39003-C02-02