Ferramentas
TwitterRssFacebook
Menú

Redes

O Grupo Dereito Público Global está presente en importantes redes de ámbito nacional e internacional.

Redes de Dereito Administrativo:

Rede Docente Eurolatinoamericana de Dereito Administrativo (REDOEDA).

Rede Estable de Cooperación Internacional entre a Universidade da Coruña, a Universidade Federal do Paraná, o Instituto de Direito Romeu Felipe Bacellar e a Pontifica Universidade Católica do Paraná. Cuxa constitución foi financiada en 2011 pola Universidade da Coruña.
Research Network on EU Administrative Law (ReNEUAL).
http://www.reneual.eu/

Centro de Estudos em Direito dá União Europeia (CEDU), Universidade de Minho (Portugal).

 

Redes de Dereito Ambiental:

Observatorio de Políticas Ambientais. Constituído no ano 2006 e integrado por volta duns 40 profesores e especialistas das universidades españolas, coa finalidade de constituír unha plataforma de análise, valoración e divulgación das políticas e o dereito ambiental internacional, español e autonómico.
http://www.cieda.es/CIEDAportal/portal.do?TR=C&IDR=69

Rede de Observatorios Ambientais. Coordinado polo Observatorio de Sustentabilidade de España, e que está integrado o Observatorio do Litoral.
http://www.sostenibilidad-es.org/es/plataformas-de-comunicacion/red-de-observatorios-de-sostenibilidad/observatorios-miembros/observatorio-de-politicas-ambientales

Rede Europea de Gobernanza do Risco. Coordinada pola Universidad de Navarra e financiada de acordo coa Convocatoria “Jerónimo de Ayanz” de investigación do Goberno de Navarra.

Rede Mercado e medio ambiente. Propostas xurídicas para unha economía verde (ECOVER).  Constituida en 2014, é unha plataforma de colaboración académica integrada por profesores universitarios especializados en Dereito ambiental.
http://www.redecover.es/

 

Redes de Contratación Pública:

Rede Iberoamericana de Contratación Pública. Constituida no ano 2014 para poder xuntar aos expertos e investigadores no eido da contratación pública dos países de fala hispana e portuguesa, coa finalidade de servir de plataforma entre os seus membros para a cooperación, para o intercambio de coñecemento e información e para desenvolver proxectos conxuntos nesta materia.
http://www.redicop.com/

Observatorio de Contratación de Pública. Constituído no ano 2001, como lugar de encontro de expertos de diferentes universidades españolas e profesionais na materia, coa finalidade de proceder ao debate e á análise das novidades introducidas na súa ordenación xurídica, ben como de achegar novas propostas de actuación para a modernización da contratación pública.
www.obcp.es

Research Network Public Contrats in Legal Globalization.
http://www.public-contracts.net/inhalte/home_english.asp

Procurement Law Academic Network (PLAN Network).
http://www.planpublicprocurement.org/main/

 

Redes de Ordenación do Litoral e Seguridade Marítima:

Rede PROTECMA. Sobre seguranza marítima e protección do medio ambiente mariño, coordinada polo Centro Tecnolóxico do Mar de Vigo (CETMAR) e financiada polo Ministerio de Ciencia e Innovación.
http://www.ptprotecma.es

Asociación Rede Española de Xestión Integrada de Áreas Litorais (REGIAL).
http://www.regial.es

 

Redes de innovación docente:

Rede de Profesores para a Elaboración de Materiais Didácticos para o Ensino do Dereito a través do Cinema. Creada por José Pernas García, membro do grupo de investigación. Integrada por máis de 150 profesores dunhas 35 universidades españolas.
https://proyectodecine.wordpress.com/