Ferramentas
TwitterRssFacebook
Menú

Proxectos

Os resultados científicos alcanzados polo grupo nesta liña de investigación enmárcanse en varios proxectos de investigación financiados con fondos públicos: dous proxectos do Plan Nacional I+D+i (DER2010-18993; e DER2011-28994-JURI); un proxecto autonómico (PGIDIT03PXIB10101PR); e un proxecto internacional coa Universidade Nacional do Nordeste, Arxentina (UNNE).

De entre todos eles cabe salientar o que nestes momentos está na súa última etapa de execución,
“O Dereito Administrativo español baixo o prisma da boa administración”, financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación (Referencia: DER 2010-18993). Duración: 2010-2013. Investigador Principal: Jaime Rodríguez-Arana Muñoz. Número de investigadores participantes: 12