Ferramentas
TwitterRssFacebook
Menú

Presentación

Desde hai algúns anos o persoal investigador do Grupo Dereito Público Global desenvolven un profuso labor de investigación sobre gobernanza e dereito administrativo.
Esta liña de investigación deseñouse a partir da noción do cidadán como destinatario e fundamento do exercicio do poder público e da necesaria revisión das principais institucións, conceptos e categorías do dereito administrativo baixo o prisma do recoñecemento do dereito a un bo goberno e a unha boa administración, dereito cualificado como “fundamental” na Carta de Dereitos Fundamentais da Unión Europea.
A tarefa esixe, en primeiro lugar, afondar na natureza xurídica respecto do dito recoñecemento a un bo goberno e a unha boa administración, quer na súa concepción como un dereito fundamental, quer como un principio reitor das administracións públicas. En segundo lugar, e xa de modo concreto, deben identificarse as diversas manifestacións do bo goberno e a boa administración sobre a normativa española, tanto estatal como autonómica.
Toda esta engrenaxe teórica pretende concluír na elaboración de documentos de discusión e de traballo que sirvan de base para un debate académico plural, aberto, dinámico e complementario que poida desembocar en reformas das diversas normativas estatais e autonómicas cuxo contido incida, de modo máis directo, na reformulación formulada das institucións do dereito administrativo como froito do recoñecemento a un bo goberno e a unha boa administración.