Ferramentas
TwitterRssFacebook
Menú

Observatorio do Litoral

logo_observatorio_litoral

A comezos dos anos noventa, un grupo de investigadores da recentemente creada Universidade da Coruña iniciou a que sería unha prolongada especialización no estudo de cuestións xurídicas do litoral. A ordenación costeira, o medio ambiente mariño e os recursos pesqueiros constituíron os eixes dunha produción científica avalada por numerosas publicacións, proxectos de investigación e encontros en que participaron prestixiosos especialistas a nivel mundial.
Constituídos como “Observatorio do Litoral”, e baixo a dirección do profesor Francisco Javier Sanz Larruga, manteñen unha intensa actividade investigadora e están presentes nos principais foros científicos sobre litoral.

Máis información en http://campusdomar.es/observatory-of-the-litoral/