Ferramentas
TwitterRssFacebook
Menú

Publicado en Investigadores, Sin categoría

José Manuel Calderón Carrero

José Manuel Calderón Carrero

0 Flares 0 Flares ×

MIEMBRO_4_CALDERON_CARRERO@0Catedrático de Dereito Financeiro e Tributario

Universidade da Coruña (UDC)

Traxectoria profesional:

Licenciado (premio extraordinario) e doutor (premio extraordinario) en Dereito pola Universidade da Coruña. Máster en Estudos sobre a Unión Europea e Visiting Scholar no International Tax Program Harvard Law School e Visiting Researcher no International Bureau Fiscal Documentation de Amsterdam.

Especialización:

Dereito tributario: procedementos tributarios e tributación empresarial.
Fiscalidade Internacional.
Dereito tributario da Unión Europea.

Distincións e colaboracións institucionais e asociativas:

Premio do Centro de Estudos Financeiros (1998 e 2001).
Membro da Comisión Consultiva designado por España como “personalidade independente” (árbitro comunitario) para os efectos do Convenio 90/436/CEE, relativo á supresión da dupla imposición en caso de corrección de beneficios entre empresas asociadas.
Membro da Comisión de Expertos do Instituto de Estudos Fiscais (Ministerio de Facenda) relativa á “Análise do sistema tributario español á luz das liberdades comunitarias” (anos 2006 e 2007).
Membro da Comisión de Expertos do Instituto de Estudos Fiscais (Ministerio de Facenda) relativa a “As posibilidades de harmonización do imposto sobre sociedades na UE” (anos 2007, 2008 e 2009).
Membro da Sección de Fiscalidade Internacional da AEDAF (2009 en adiante).
Membro da Sección de Prezos de Transferencia da AEDAF (2009 en adiante).
Membro da International Fiscal Association (IFA).

Labor Docente:

O profesor Calderón desempeña o seu labor docente e investigador na Universidade da Coruña desde o ano 1994, e colabora con outras universidades nacionais e estranxeiras, ben como outros centros de investigación públicos e privados.

Publicacións:

Autor de  8 monografías e máis de 50 publicacións en revistas e obras colectivas nacionais e estranxeiras.

0 Flares Twitter 0 0 Flares ×