Ferramentas
TwitterRssFacebook
Menú

Publicado en Investigadores

José Luis Meilán Gil

José Luis Meilán Gil

0 Flares 0 Flares ×

MIEMBRO_1_MEILAN_GIL@0

Foi relator no Congreso Internacional de Ciencias Administrativas (Dublín, 1968), no Congreso Hispano-Luso de Informática (Lisboa, 1972), na Conferencia Iberoamericana de Ministros de Planificación e Desenvolvemento (Madrid, 1973), nas Xornadas Internacionais de Spira (1974), nas Xornadas Xurídicas de Coimbra (1983), no II Congreso de Dereito Galego (1985), na Mesa Redonda do Instituto Internacional de Ciencias Administrativas (Budapest, 1988), nas Xornadas de Estudo sobre “Descentralización e Administración Local” (Burgos, 1988), nas Xornadas sobre a Reforma da Lei do Solo (Madrid, 1990), na Conferencia Internacional sobre a Reforma Administrativa en Gobernos Rexionais (Santiago de Compostela, 1991), nas Xornadas sobre “O código de procedemento administrativo” (Braga, 1992), no Congreso sobre “Constituição, experiencia constitucional e administração” (Porto, 1993), nas Xornadas sobre o Proceso Contencioso-Administrativo (A Coruña, 1993), nas Xornadas sobre Administración Única (Santa Cruz de Tenerife e As Palmas de Gran Canaria, 1994), nas Xornadas sobre a Lei da xurisdición contencioso-administrativa (Santiago de Compostela, 1994), nas Xornadas de Estudo Hispano-portuguesas sobre Ordenamento Urbanístico (Braga, 1995), no Congreso sobre “O tempo e o dereito” (Montreal, Quebec, 1995), no Seminario Galaico-Bonaerense (La Plata–Bos Aires, 1995), no III Foro Iberoamericano de Dereito Administrativo (A Coruña, 2004), “A autonomía de Galicia no contexto constitucional”. Ciclo “O Estatuto, Marco de Concordia”, Fundación Caixa Galicia 2006, Seminario sobre Desenvolvemento Local organizado pola Universidade Autónoma de Nuevo León, Monterrei (México), xullo 2006; Seminario sobre Servizos Públicos, Facultade de Dereito, UDC, 2006; Congreso Italo-español de Profesores de Dereito administrativo, Xénova (Italia), maio 2006; copresidente do Congreso Luso-español de Profesores de Dereito Administrativo, Sevilla, decembro 2006, “Progreso tecnolóxico e Servizo Público”. Curso Superior de Dereito Público organizado pola Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia, abril 2007, Pleno do Consello Universitario Iberoamericano, A Habana, marzo 2007, Congreso Internacional de Xustiza Contenciosa Administrativa, Facultade de Dereito e Ciencias Sociais da Benemérita, Universidade Autónoma de Puebla, México, 2008, Congreso Internacional de Dereito Urbanístico, Guadalajara, Jalisco, 2008, A reforma da Administración Territorial: cara a uns concellos eficientes e viables, UIMP, A Coruña, 2008, Congreso Internacional de Dereito Urbanístico que tivo lugar na Universidade de Guadalajara, maio 2008; ciclo de conferencias no Tribunal do Contencioso-Administrativo do Estado de Guanajato, “Contratos públicos”, xuño 2008; Congreso Internacional sobre Xustiza Administrativa, na asemblea ordinaria da Asociación de Maxistrados de Tribunais do Contencioso Administrativo, Morelia Michoacán, México, xuño 2008; Seminario Internacional Sobre “Ordenación planificación e xestión do litoral”, novembro 2008; III Congreso Internacional de Dereito Administrativo, Universidade Autónoma de Nuevo León, (abril, 2009); VIII FIDA (Foro Iberoamericano de Dereito Administrativo), Panamá 2009 (14-18 set.), X Congreso Paranense de Direito Administrativo e V Congreso da Associaçao de Direito Público do MERCOSUR, (novembro 2009), “As autonomías en España: unha aproximación panorámica”, no Seminario “Autonomías en España e China: Galicia como exemplo”, Santiago de Compostela, 2011, “O contexto histórico do dereito administrativo e as súas institucións”, nas V Xornadas de Dereito Administrativo Iberoamericano, A Coruña, 2012, “O silencio da Administración”, en Seminario Internacional sobre Gobernanza e Vontade Administrativa, A Coruña, 2012.

0 Flares Twitter 0 0 Flares ×