Ferramentas
TwitterRssFacebook
Menú

Xornadas Internacionais de Dereito Administrativo Iberoamericano

Desde hai máis dunha década, un nutrido grupo de administrativistas pertencentes ás universidades iberoamericanas máis prestixiosas veu colaborando estreitamente co fin de reforzar os lazos que vinculan investigadores, académicos e profesionais especializados no estudo do dereito administrativo. Froito desa colaboración xurdiron as Xornadas de Dereito Administrativo Iberoamericano, organizadas no Pazo de Mariñán (A Coruña, España), que foi durante as súas sucesivas edicións un lugar de encontro para profesorado e persoal investigador de dereito administrativo de diferentes países.

Máis información en http://jdaiberoamericanas.wordpress.com