Ferramentas
TwitterRssFacebook
Menú

Publicado en Investigadores

Javier Sanz Larruga

Javier Sanz Larruga

0 Flares 0 Flares ×

Javier Sanz Laruga

Facultade de Dereito, campus de Elviña s/n

Universidade da Coruña (España)

Correo electrónico: fjsanz@udc.es

Formación académica e dedicación profesional:

  • Licenciado e doutor en Dereito pola Universidade de Navarra
  • Catedrático de Dereito Administrativo da Universidade da Coruña
  • Titular do Módulo Jean Monnet de Dereito Ambiental da Unión Europea

Actividade investigadora e publicacións científicas:

  • Autor de dous manuais, catro monografías científicas e máis dun cento de colaboracións en publicacións colectivas e artigos en revistas especializadas, sobre diversas materias relativas ao dereito administrativo, aínda que con predominio da súa dedicación ao dereito ambiental.
  • Dirixiu tres libros colectivos en colaboración con outros autores en temas de dereito ambiental
  • Foi investigador principal en catro proxectos de investigación e participou como investigador asociado en oito proxectos de investigación (autonómicos, nacionais e comunitarios).

Outros méritos:

  • Recibiu o Premio “Manuel Colmeiro” (1994) polo traballo titulado: “O réxime competencial sobre os recursos mariños. Referencia espacial ó caso galego”, Escola Galega de Administración Pública. Xunta de Galicia. Santiago de Compostela, 1994, e o Premio da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia ao mellor traballo de investigación (ano 2000) polo traballo que leva por título: “Bases doctrinales y jurídicas para un modelo de gestión integrada y sostenible del litoral de Galicia, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 2000.
  • É director do Observatorio do Litoral da Universidade da Coruña
  • É membro do Observatorio Español de Políticas Públicas Ambientais
  • É membro do Centro de Excelencia Jean Monnet da Universidade da Coruña
  • É membro da xunta directiva da Asociación de Dereito Ambiental Español (ADAME) e mais do consello académico do Instituto de Medio Ambiente da Universidade da Coruña.
  • É autor do blogue de divulgación ambiental: http://blogs.lavozdegalicia.es/javiersanz/
0 Flares Twitter 0 0 Flares ×