Ferramentas
TwitterRssFacebook
Menú

Doutoramento en Dereito Administrativo Iberoamericano

O Programa de Doutoramento de Dereito Administrativo Iberoamericano nace dunha longa aspiración dun nutrido grupo de profesorado universitario e persoal investigador no campo do dereito público da Universidade da Coruña e de numerosas universidades de toda Latinoamérica, con sólidos lazos profesionais trenzados desde a fundación, o 1 de marzo de 2002, en Santa Cruz de la Sierra (Bolivia), do Foro Iberoamericano de Derecho Administrativo. En diversas ocasións, valorouse a oportunidade de pór en marcha un programa de doutoramento internacional que proporcionase a formación investigadora para o estudantado dos respectivos países. A aprobación da nova regulación do doutoramento para España considerouse como unha oportunidade para impulsar, por fin, os ansiados estudos internacionais.
A Universidade da Coruña, a través dos investigadores do Grupo Dereito Público Global e coa colaboración doutros moitos investigadores da Facultade de Dereito da UDC, impulsou a posta en marcha deste programa de doutoramento, como título conxunto impartido por once universidades: ademais da Universidade da Coruña –canto coordinadora-, a Universidade de Guanajuato (México), a Universidade de Montevideo (Uruguai), a Universidade de Piura (Perú), a Universidade Escola Libre de Dereito (Costa Rica), a Universidade Hispanoamericana (Nicaragua), a Universidade de Monteávila (Venezuela), a Universidade Nacional do Litoral (Arxentina), a Universidade Nacional do Nordeste (Arxentina), a Universidade de Santo Tomás de Tunja (Colombia) e a Universidade Veracruzana (México).
Máis información en: www.doctoradodai.com

DAI_logo_desarrollado1