Ferramentas
TwitterRssFacebook
Menú

Publicado en Investigadores

(Español) Almudena Fernández Carballal

(Español) Almudena Fernández Carballal

0 Flares 0 Flares ×

Formación: Licenciada en Dereito pola Universidade da Coruña en 1994 e Doutora en Dereito Administrativo, pola mesma Universidade, en 1999. Desde o ano 2003 é Profesora Titular de Dereito Administrativo na EUAT adscrita ó Departamento de Dereito Público Especial da Facultade de Dereito da Universidade da Coruña, que comparte con docencia na Facultade de Dereito, impartiendo docencia en Mestrados Universitarios e en Cursos de formación de Posgrao.

Puesto actual: Profesora Titular de Dereito Administrativo na EUAT.

Méritos más destacables:

No ámbito docente ten recoñecidos 2 quinquenios de docencia (1996-2002 e 2002-2007).
A súa principal liña de investigación, que se traduciu en diversas publicacións (monografías e artigos doutrinais) é a ordenación do territorio e o Dereito urbanístico, desde as súas distintas perspectivas. Así mesmo, ocupouse da investigación e estudo doutras materias vinculadas co Dereito administrativo.
Na súa actividade científica, é preciso destacar a autoría de diversas monografías, a participación en libros colectivos e a autoría de artigos doutrinais publicados en distintas revistas xurídicas. En particular, son obras da súa autoría individual “O réxime xurídico do Urbanismo en España”, publicada polo INAP en 2001; “O Urbanismo finalista. Á mantenta do principio de menor restricción no dereito de propiedade”, publicada pola Editorial Civitas no ano 2002; “O Decoro Urbanístico en Galicia” (Ed EGAP -Xunta de Galicia, 2006). Na Sección de Manuais da Editorial Thomson Civitas, é autora de “Dereito Urbanístico de Galicia” (2003). Así mesmo é preciso destacar a súa participación en obras colectivas: O Feito Diferencial Galego, Arcana, 2004; A Lei 9/2002, de 30 de decembro de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia, Ed. Civilis, 2004; O Dereito Público Galego, Hércules Edicións, 2006; Principios de Dereito Administrativo Español, Ed. Porrua, México, 2005; 30 anos de poder local na Constituiçiao da República Portuguesa; Braga 2007; O Dereito Urbanístico do século XXI, Libro Homenaxe, Ed. Rexistradores de España, 2008, Comentarios á Lei de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia, Thomson-Aranzadi, 2009; Libro Homenaxe ó Profesor José Luís Meilán Gil, Aranzadi, 2010. Así mesmo, participou como coautora de materiais docentes, como o Temario para o acceso ó Corpo de Xestión da Administración da Xunta de Galicia (É autora da voz “Urbanismo” da Gran Enciclopedia Galega).
Participou en distintos proxectos de Investigación tanto europeos, como do Plan Nacional e autonómicos. En concreto, participou en tres Proxectos de Investigación europeos: Investigadora principal no Sub-proxecto “Inasrud” (Programa de Iniciativa Comunitaria Interreg III C, Sur, Operación Marco Rexional Trend); investigadora participante no Sub- proxecto “Sosmer” (Programa de Inicitiva Comunitaria Interreg III C, Sur, Operación Marco Rexional Trend); así como en en proxectos nacionais e autonómicos.
É membro de distintos organismos públicos e institucións. É preciso destacar, a súa condición de membro do Foro Iberoamericano de Dereito Administrativo, Directora executiva para Europa de REDOEDA, membro do Instituto de Estudos Marítimos da Universidade da Coruña, membro do Observatorio do Litoral desta Universidade. Foi membro do Consello da Cultura Galega. No ámbito normativo, participou na formulación de distintas normas. Foi coautora do Código da Lei 1/1997 do Chan de Galicia (Civitas, 1997), membro da Comisión Xurídica Normativa para a Reforma da Lexislación Urbanística de Galicia, que deu lugar á Lei 9/2002 de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia e coordinadora da Lei 18/2008 de Vivenda de Galicia.
No ano 2006, foi galardoada co Premio “Manuel Colmeiro” 2006 convocado pola Xunta de Galicia, pola obra “O Decoro Urbanístico de Galicia”.
Desempeñou postos de xestión na Universidade da Coruña. participou activamente nos órganos de goberno desta Universidade, como membro do Claustro e como membro do seu Consello de Goberno como representante dos Profesores Axudantes. No ámbito docente, foi a Coordinadora académica da Especialidade «Dereito Urbanístico» do Mestrado Universitario en Asesoramento Xurídico Empresarial (MAXE) que se imparte na Facultade de Dereito. Así mesmo, desempeñou outros cargos vinculados coa súa actividade investigadora e docente. É evaluadora externa da Revista Galega de Administración Pública (REGAP).
Foi Maxistrada Suplente con adscripción permanente na Sala do Contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, durante os anos 2003 a 2005.
Foi avogada exercente con dedicación parcial á universidade desde 2009 a 2015. Desde o ano 2016 está incorporada á Universidade a templo completo.

0 Flares Twitter 0 0 Flares ×

Resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


six + = 8