Ferramentas
TwitterRssFacebook
Menú

Publicado en Investigadores

Jaime Rodriguez-Arana Muñoz

Jaime Rodriguez-Arana Muñoz

0 Flares 0 Flares ×

É doutor en Dereito e catedrático de Dereito Administrativo na Universidade da Coruña, onde dirixe o Departamento de Dereito Público da Facultade de Dereito. É membro da Academia Internacional de Dereito Comparado da Haia, presidente do Foro Iberoamericano de Dereito Administrativo, presidente do consello académico do despacho de avogados Cremades&Calvo-Sotelo e presidente da Asociación Española de Ciencias Administrativas.
É doutor honoris causa da Universidade Hispanoamericana de Nicaragua e profesor visitante e honorario en diversas universidades europeas e americanas.
Foi membro da Comisión de Expertos en Administración Pública de Nacións Unidas, director da Escola Galega de Administración Pública e director do Instituto Canario de Administración Pública. Dirixiu o Instituto Nacional de Administración Pública, foi deputado nacional pola provincia da Coruña na VII lexislatura, subsecretario das Administracións Públicas, director da “Revista Galega de Administración Pública”. Tamén foi presidente da Fundación Instituto Iberoamericano de Administración Pública, presidente do consello de redacción de “Documentación Administrativa”, presidente da revista “Gestión e Análisis de Políticas Públicas”, vicepresidente do Centro Europeo para a Formación de Estatísticos nos Países en Desenvolvemento, vogal do consello científico do Instituto Europeo de Administración Pública, do Padroado da Fundación Iberoamericana de Goberno e Política Pública, do consello directivo do Centro Latinoamericano de Administración para o Desenvolvemento, do consello de administración do Instituto Internacional de Ciencias Administrativas, do comité científico da Organización Iberoamericana de Cooperación Intermunicipal e presidente do Fórum de Galicia de Estudos Sociais.

Obras destacadas:

É autor de libros e monografías de dereito público entre os que salientan: “La suspensión del acto administrativo” e “La prórroga de los contratos administrativos”. Dirixiu o Manual de Derecho Administrativo Español editado pola Universidade Nacional Autónoma de México. Recentemente deu ao prelo a monografía sobre “El buen gobierno y la buena administración de instituciones públicas” e mais o libro “Interés general, Derecho Administrativo y Estado de Bienestar”.

Outros datos de interese:

Foi galardoado cos premios “Decano Zárate y Penichez” do Colexio de Avogados de Santa Cruz de Tenerife e “Decano Raimundo d’Adabal” do Colexio de Avogados de Barcelona. En 2003, o Goberno español distinguiuno coa ‘Gran Cruz de Isabel a Católica’.

Twitter @jrodriguezarana

www.rodriguezarana.com

0 Flares Twitter 0 0 Flares ×